13/03/2011

A FESTA DE ENTROIDO

E chegou o día e todos e todas vestímonos de curruvellos e curruvellas. Daban medo as carautas que non coñeciamos, pero enseguida descubrimos quen era o que nos quería asustar.

APRENDENDO SOBRE O ENTROIDO

Para aprender que son os CURRUVELLOS, estivo con nós Geno Piñeiro, da Asociación Cultural Meiramar-Axóuxeres, onde bailan algúns dos pais e nais dos leóns.

02/03/2011

XA CHEGA O ENTROIDO !

XA NON QUEDA NADA PARA O ENTROIDO E NAS AULAS DE INFANTIL ESTÁMONOS PREPARANDO CON CARAUTAS E ANTIFACES.



A VER SE NOS RECOÑECEDES!

01/03/2011

É mentira!

Hoxe estivemos no salón do libro de Pontevedra. Este ano está dedicado ás mentiras nos contos. Puidemos ver a grandes mentireiros, como Pinocho, o lobo de Carapuchiña ou a bruxa de Hansel e Gretel. Xogamos a dicir mentiras e gustounos moito volver a atoparnos co lobo  Orbil, a mascota do salón.