24/11/2009

25 de Novembro Día Internacional contra a violencia de xénero

O Día 25 de Novembro é o
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".

A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.

Non esquezades ler o conto primeiro!!!:


Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia, que vemos en Educastur Blog :

Ademais, como a mellor prevención é a coeducación, deixovos AQUI un enlace á unha interesante selección feita dende a Escola Unitaria de Vide .

06/11/2009

Carta de Paco


Recibimos carta de Paco!.
Este ano quere aprender cousas da ciencia, e pídenos que lle axudemos.
Como facemos cousas tan bonitas, imos facer uns carteis chulísimos para un mural enorme que imos facer entre todos os nenos do cole.
Así imos aprender cousas das estrelas...e do Sol

02/11/2009

Estes somos nós

Os nenos e nenas de 5º de Infantil xa eliximos o nome da clase.Imos ser a clase das pelotas porque:
-PODEN CHIMPAR MOI ALTO,COMA NÓS
-SON MOI REBULDEIRAS,COMA NÓS
-SON DIVERTIDAS,COMA NÓS

E estes somos nós: