10/09/2019
RECTIFICACIÓN DO HORARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN DE 4º DE INFANTIL
Etiquetas:
4º Infantil,
Adaptación á escola,
curso 2019-2020,
Inicio de curso
28/06/2019
BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!
Todo o equipo de infantil quere desexarvos un feliz verán a vos e as vosas familias. Esperámosvos en setembro cos brazos abertos!
Etiquetas:
4º Infantil,
5ºInfantil,
6ºInfantil,
Curso 2018-2019,
Final de curso
20/06/2019
PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES EN 4º DE INFANTIL
OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS DE 3º DE PRIMARIA TRABALLARON UN MONTÓN PARA CONTARNOS UNS CHULÍSIMOS CONTOS FEITOS POR ELES QUE TIÑAN COMO PROTAGONISTAS AS FROITAS.
19/06/2019
Proxecto Os canciños
Os nenos e as nenas da clase dos canciños (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota:este foi o noso proxecto durante o 1º trimestre. O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes. Este é o resultado da súa investigación!!
Etiquetas:
6ºInfantil,
Aprendemos investigando,
Curso 2018-2019,
Proxecto: os cans
17/06/2019
OS DINOSAUROS VISITAN 6º DE INFANTIL
Os dinosauros visitaron hoxe a clase de 6º de infantil, a súa clase do curso que vén.
Sentaron nas mesas e déronse conta de que son máis grandes e que teñen unha reixa debaixo para gardar cousas, como os maiores.
Probamos os percheiros e déronse conta de que lles chegaban sen problema.
E ,como non, xogaron no hospital, coas construcións, coa mesa de luz, cos trens, coches,..., o que máis lles apetecía. Pasárono moi ben.
Sentaron nas mesas e déronse conta de que son máis grandes e que teñen unha reixa debaixo para gardar cousas, como os maiores.
E ,como non, xogaron no hospital, coas construcións, coa mesa de luz, cos trens, coches,..., o que máis lles apetecía. Pasárono moi ben.
Etiquetas:
5ºInfantil,
Curso 2018-2019,
Final de curso
13/06/2019
VISITA A 1º
ESTA SEMANA OS CANCIÑOS FOMOS DE VISITA Á CLASE DE 1º DE PRIMARIA.
UN DÍA ESTIVEMOS CON ELES E ESTIVÉRONNOS RESOLVENDO AS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS: SE TIÑAN QUE LEVAR MOCHILA GRANDE OU PEQUENA, SE TIÑAN LIBROS, CONTOS PARA LER NA CLASE, CANDO OS LÍAN, SE TIÑAN ESTOXO, ONDE GARDABAN OS SEUS TRABALLOS, SE TIÑAN EXAMES, A QUE XOGABAN NO PATIO E ONDE, SE TIÑAN XOGUETES NA AULA,...
ELES CONTESTARON A TODAS AS PREGUNTAS E TRANQUILIZÁRONNOS MOITO, E FÓRONNOS EXPLICANDO TODO CON MOITO DETALLE.
E HOXE APROVEITAMOS QUE ELES NON ESTABAN NA CLASE PARA IR ALÍ E XOGAR UN RATO. COMPROBAMOS QUE LLES CHEGAMOS AOS PERCHEIROS, QUE AS CADEIRAS E AS MESAS SON IGUAIS ÁS NOSAS, E QUE TEÑEN UN MONTÓN DE COUSAS DIVERTIDAS NA AULA. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O RECUNCHO DE TRANQUILANDIA E O DE PLÁSTICA.
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Final de curso
10/06/2019
Escoitando os nosos padriños lectores
Os canciños tivemos a sorte de gozar aínda máis dos contos que temos na biblioteca, grazas aos nosos padriños lectores, os nenos e nenas de 5º E.P. Moitas grazas!
OBRADOIRO DE FROITA
NA SEMANA DA FROITA AS NENAS E NENOS DE 5º DE INFANTIL XUNTÁRONSE COAS SÚAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTOTES DE 4º DE PRIMARIA PARA FACER UN DELICIOSO ZUME DE LARANXA E AMORODO E,DESPOIS DE SABOREALO, APROVEITARON PARA COMPARTIR UNS MOMENTOS DE LECTURA IGUALMENTE DELICIOSOS.
Etiquetas:
5ºInfantil,
Curso 2018-2019,
Medrando sans,
Primaria
06/06/2019
05/06/2019
VISITA Á LUDOTECA MUNICIPAL
O ALUMNADO DE 5º E 6º DE INFANTIL VISITOU A SEMANA PASADA A LUDOTECA MUNICIPAL, DENTRO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES "APRENDE MOAÑA", ORGANIZADO POLO CONCELLO.
Etiquetas:
5ºInfantil,
Aprende Moaña,
Curso 2018-2019
LECTURAS COMPARTIDAS
Hoxe os nenos e nenas de 6º de infantil gozaron dunha sesión de lectura na biblioteca cos seus padriños e madriñas de 5º de primaria...porque lles encanta!
03/06/2019
OS RECUNCHOS
Na clase dos canciños traballamos por recunchos, espazos delimitados dentro da aula, onde os nenos/as realizan actividades lúdicas, cun material específico dentro de cada un.
Este curso tivemos o recuncho das construcións e dos coches, hospital, arte, mates, letras, dixital, lóxica, puzles,... Temos catro pequenos grupos e cada día ofrecemos catro recunchos diferentes, polos que van pasando todos os nenos/as ao longo da xornada.
Mirade como aprendemos e nos divertimos!
Este curso tivemos o recuncho das construcións e dos coches, hospital, arte, mates, letras, dixital, lóxica, puzles,... Temos catro pequenos grupos e cada día ofrecemos catro recunchos diferentes, polos que van pasando todos os nenos/as ao longo da xornada.
Mirade como aprendemos e nos divertimos!
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Traballos alumnado
31/05/2019
AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL
MOITAS GRAZAS Á PRIMA DE RUBÉN E TÍA DE IAGO QUE
VEU CONTAR O CONTO DE: O PIRATA PATA DE LATA.
TAMÉN LLE TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á NAI DE ANTÍA RODAS E DE JULIA POR CONTARNOS O CONTO DE: LOS DINOSAURIOS E LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS.
OUTROS QUE SE ANIMARON A VIR AO COLE FORON OS PAIS DE CLARA , OS DE OLIVER E A TÍA DE ENZO. MOITAS GRAZAS!
VEU CONTAR O CONTO DE: O PIRATA PATA DE LATA.
TAMÉN LLE TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á NAI DE ANTÍA RODAS E DE JULIA POR CONTARNOS O CONTO DE: LOS DINOSAURIOS E LAS PRINCESAS TAMBIÉN SE TIRAN PEDOS.
OUTROS QUE SE ANIMARON A VIR AO COLE FORON OS PAIS DE CLARA , OS DE OLIVER E A TÍA DE ENZO. MOITAS GRAZAS!
AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL
HOXE TIVEMOS A VISITA DA TÍA DE LOIS, QUE NOS CONTOU O DIVERTIDO CONTO DE "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS" E O CONTO "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA".
GRAZAS POLA VISITA!!!
OBRADOIRO DE FROITA
Onte, os nenos/as de 5º de primaria cos NOSOS afillados/as lectores tivemos unha xornada de convivencia.
No colexio de Quintela dámoslle moita importancia á alimentación saudable, polo que todos os anos participamos no proxecto Aliméntate ben, dentro dos Plans Proxecta.
Esta semana e a que vén merendamos todos froita no cole e aproveitamos esta gran oportunidade para facer una obradoiro de froita, na que participaron as dúas clases, polo seu vínculo especial de ser padriños e afilllados lectores.
Tivemos que facer unhas simpáticas figuras coa froita e outros ingredientes que utilizamos para decorar.
E, como non, aproveitamos a visita para ler contos xuntos.
Foi moi divertido!!!
Etiquetas:
Curso 2018-2019,
Medrando sans
30/05/2019
RECOLLEMOS AS LEITUGAS
HOXE OS CANCIÑOS POR FIN PUIDEMOS RECOLLER AS NOSAS LEITUGAS. ALGUNHAS ESTABAN MOI GRANDES E OUTRAS QUEDARON MÁIS PEQUENAS, UNHAS ERAN VERDES E OUTRAS MORADAS, RIZAS OU LISAS, PERO TODAS TIÑAN MOI BOA PINTA.
29/05/2019
BINGO DE LETRAS
OS CANCIÑOS XA SOMOS MOI MAIORES E XOGAMOS AO BINGO, PERO É UN BINGO ESPECIAL XA QUE NON É O BINGO CON NÚMEROS, SENÓN CON LETRAS.
É UNHA MANEIRA LÚDICA DE APRENDER E AFIANZAR O APRENDIZAXE DAS LETRAS.
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!
Etiquetas:
Competencia matemática,
Curso 2017-2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)