14/04/2021

OBRADOIRO DE VIDA PRÁCTICA

O alumnado de 6º de Infantil está comezando a saber que significa iso de "Vida práctica"

As actividades que faremos neste obradoiro, baseado no método Montessori, desenvolven habilidades que todos e todas temos que levar a cabo no noso día a día e que axudarán os leóns e leoas a mellorar aspectos como:

AUTONOMÍA
CAPACIDADE DE OBSERVACIÓN
COORDINACIÓN
CONCENTRACIÓN
INTELIXENCIA
SENTIDO DA ORDE
INDEPENDENCIA

Comezamos aprendendo a tender e dobrar a roupa pero faremos moitas outras cousas que vos iremos ensinando.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.