30/10/2019

24/10/2019

METEOQUINTELA EN 6º DE INFANTIL

O noso colexio participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.

Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións e apunta eses datos na pizarra que temos na entrada do colexio.
Os leopardos visitamos a estación meteorolóxica para coñecer como se recollen estes datos, tanto a temperatura, co termómetro, como as precipitacións, co pluviómetro.



Na clase dos leopardos, traballamos diariamente coa temperatura actual, polo que o encargado/a vai ao taboleiro e despois o rexistra nunha gráfica que temos na aula. Aprendemos así, a importancia da temperatura, así sabemos cando vai frío ou calor, e aprendemos a diferencialo do estado do ceo.




16/10/2019

COMEZAMOS O PROXECTO "PIRATAS"

Este ano 5º de Infantil é a clase d@s Piratas, e por iso, xa temos preparada a nosa porta e o noso recanto do proxecto.



Ademais para ser auténtic@s piratas aprendimos este xuramento.


13/10/2019

CANCIÓN "OS CINCO PATIÑOS"

OS NENOS E NENAS DA CLASE DOS LEOPARDOS APRENDEMOS A FERMOSA CANCIÓN "OS CINCO PATIÑOS" DE GRUPO MUSICAL "OS GOLFIÑOS, DO CD, TÉ, CHOCOLATE E CAFÉ.



03/10/2019

SAÚDO DE PRINCIPIO DE CURSO

OLA!
XA ESTAMOS AQUÍ!

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL QUEREMOS MANDARVOS UN SAÚDO E DICIRVOS QUE A PARTIR DE AGORA PODEDES VISITAR O NOSO BLOG PARA VER MUITAS  DAS ACTIVIDADES  QUE XA ESTAMOS FACENDO NO COLE.


BICOS DE 4º DE INFANTIL!


BICOS DOS PIRATAS DE 5º DE INFANTIL!


                              BICOS DOS LEOPARDOS DE 6º DE INFANTIL!