16/01/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: ZAIRA

ESTA SEMANA, NA CLASE DOS CANCIÑOS, EMPEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE SE CHAMA "OS MARTES CONTAMOS NÓS". 
COMO NOS ENCANTAN OS CONTOS E XA SOMOS MOI MAIORES, A PARTIR DE AGORA OS MARTES TÓCANOS A NÓS CONTAR OS CONTOS OU RECITAR UNHA POESÍA AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
ESTE MARTES COMEZAMOS  CON ZAIRA, QUE NOS CONTOU O CONTO DE "O MONSTRO DE CORES". FELICIDADES ZAIRA POLO BEN QUE O FIXECHES!!!





11/01/19

COMEZA O SEGUN TRIMESTRE NA CLASE DAS TARTARUGAS

COMEZAMOS ESTE TRIMESTRE XOGANDO CO AGASALLO QUE NOS TROUXERON OS REIS CANDO VISITARON O COLE, UNS BLOQUES XEOMÉTRICOS PARA A NOSA MESA DE LUZ





ADEMAIS HOXE TAMÉN XOGAMOS COA REALIDADE AUMENTADA GRAZAS Á APLICACIÓN QUIVERVISION.

PARA SEGUIR XOGANDO NA CASA PODEDES DESCARGAR ESTA APP NO MÓBIL OU TABLET E ASÍ IMPRIMIR, COLOREAR E CREAR NOVAS IMAXES EN 3D.