21/03/17

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

HOXE, NO DÍA DA POESÍA, OS NENOS E NENAS LEVARON UN FERMOSO CARAVEL E UNHA FERMOSA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. 




PARA CELEBRAR ESTE DÍA, FOMOS A CLASE DOS MAIORES A RECITAR DOUS POEMAS, UN DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO E OUTRO DE FRAN ALONSO. 







E TAMÉN, OS NENOS E NENAS DE 3º VIÑERONNOS RECITAR UN FERMOSO POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!




AS TARTARUGAS APRENDEMOS SOBRE A RECICLAXE EN PSICO

ENTRE O MOITO MATERIAL QUE TEMOS PARA EMPREGAR, NESTA OCASIÓN DÉMOSLLE USO AOS NEUMÁTICOS QUE ESTÁN NO XIMNASIO...




DÍA DA POESÍA

PARA CONMEMORALO, OS NENOS E NENAS LEVARON A CASA UN CARAVEL E UN POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.



18/03/17

OS TIBURÓNS APRENDEN A SALTAR A COMBA!

TEMOS MOITA CURIOSIDADE POR COMO SE FAI O SALTO DE COMBA, ASÍ QUE.... TOCOUNOS PRACTICAR!





10/03/17

AS ESCULTURAS DE MOAÑA

DENTRO DO PROXECTO "MOAÑA, MOITO QUE APRENDER", PACO MANDOUNOS INVESTIGAR SOBRE AS ESCULTURAS DE MOAÑA, ASÍ QUE AQUÍ ESTAMOS AS TARTARUGAS, VISITANDOAS. HOXE FOMOS AO MONUMENTO AOS ANIMAIS ABANDONADOS, O MONUMENTO AO MARIÑEIRO, O CHOCO BUFÓN E O FISGÓN. SEGUIREMOS INVESTIGANDO AS FERMOSAS ESCULTURAS QUE TEMOS NO NOSO CONCELLO!!!







09/03/17

AS TARTARUGAS E AS PELOTAS NO XIMNASIO

POUCO A POUCO, AS TARTARUGAS APRENDEMOS A LANZAR, COLLER, GOLPEAR... AS PELOTAS E, SOBRE TODO, A COMPARTILAS COS NOSOS AMIGOS E AMIGAS!!!!




06/03/17

OS TIBURÓNS E A ESTATUA DA LIBERDADE

Por fin temos novas de Paco! Acabamos de recibir un mail!





Paco quedou atrapado na Estatua da Liberdade! Pronto comezamos a investigar sobre ela e xurdiron algunhas preguntas:
- Canto mide a Estatua da Liberdade?
- Cabería a Estatua da Liberdade no nos patio?
- Como poderíamos sabelo

 Logo de pensar canto era 1 metro e buscar a regra que tiñamos na aula, dispuxémonos a medir 93 metros no patio! Así de grande era a estatua!

 Antes de nada, tivemos que probar diferentes materiais que nos puidesen servir para marcar no chan.
 Logo dalgunha proba, comprobamos que o xiz era o máis axeitado.


 Comezamos!







 Pois resulta que logo de medir 93 metros, comprobamos que a Estatua da Liberdade si cabería no patio e chegaría ata aí:

É enorme!


05/03/17

ENTROIDO 2017

AQUÍ TEDES UN AMPLO RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS NO ENTROIDO DE QUINTELA: MERENDAMOS AS SOBREMESAS TÍPICAS DE ENTROIDO, CANTAMOS AS COPLAS, DESFILAMOS ARREDOR DO COLE E PARTICIPAMOS NO ENTERRO DA XOUBIÑA. PASÁMOLO XENIAL!!!


04/03/17

SEGUIMOS DE ENTROIDO...

ESTA SEMANA SEGUIMOS DE ENTROIDO...O XOVES TOCOU LEVAR ANTIFAZ E O VENRES DE MARCIANOS!!!