28/11/17

XOGO DO PANO NA AULA DOS TIGRES

OS TIGRES XOGARON AO PANO POR DIANTE E POR DETRÁS EN PSICO. GÚSTALLES UN MONTÓN!!!


UN CIRCUÍTO EN PSICO PARA AS TARTARUGAS

GÚSTANOS ISO DE FACER CIRCUÍTOS E TER TODO O XIMNASIO CHEO DE COUSAS!!!!


24/11/17

OS TRIGRES FACEMOS MANUALIDADES!

MIRADE QUE CHULADA DE MARCAPÁXINAS FIXEMOS NA AULA DE 6º DE INFANTIL!!!
E TAMÉN DECORAMOS O CORREDOR CON TIGRES FEITOS EN FORMA DE PUZZLE E EN CARTOLINAS!!!



23/11/17

OS GATIÑOS PLANTAMOS LANDRAS

NA SAÍDA QUE FIXEMOS AO BOSQUE ENCANTADO RECOLLEMOS MOITÍSIMAS LANDRAS. AO CHEGAR AO COLE TOCOU SELECCIONALAS , PUXÉMOLAS EN AUGA E APRENDEMOS QUE AS QUE FLOTABAN NON VALÍAN PARA PLANTAR.
AQUÍ VEDES COMO TRABALLAMOS. E AGORA...
A ESPERAR!!!





22/11/17

Vídeos para falar mellor!


Os gatiños da clase de 5º de infantil xogan a mover a lingua con estes personaxes tan divertidos. Deixámosvos o enlace para que todos poidades practicar dende casa ;)


21/11/17

O ANANIÑO

Este é un conto de dedos, material Waldorf de Tamara Chuvarovsky, traducido ao galego. Os contos de dedos son un material que axuda ao desenvolvemento de moitas habilidades nos nenos e nenas. Se queredes facelos cos vosos fillos e fillas na casa, debedes ter en conta algunhas cousiñas:
- NUNCA CORREXIMOS. Facemos o conto e deixamos que cada neno o faga ao seu xeito.
- Poñemos atención en ser O MELLOR MODELO POSIBLE, aprendendo ben o conto antes de facelo con eles, e coidando a nosa postura mentres o fagamos.
- DISFRUTAMOS co conto, e co acompañamento que estamos facendo!

ADIANTE!!!

A PORTA DAS TARTARUGAS

NA CLASE DAS TARTARUGAS OS QUEREN EXPLICAR AS ÁRBORES QUE TEMOS NA PORTA, E CALES SON OS SEUS FROITOS. TRABALLARON UN MONTÓN E FORON QUEN DE FALAR DIANTE DA CÁMARA POR PRIMEIRA VEZ.

AS TARTARUGAS ESTREAN AS PELOTAS NOVAS EN PSICO!!!!

COMO NOS GUSTARON AS PELOTAS NOVAS QUE TEMOS NO XIMNASIO!!!! SON DE COR LARANXA!!!!



19/11/17

DÍA DA CIENCIA

Este venres, día 17 de novembro, celebramos no colexio o Día da Ciencia. Os nenos e nenas de 4º de Primaria prepararon uns experimentos científicos moi interesantes. 
Grazas por invitarnos!!!







18/11/17

AS TARTARUGAS PLANTARON LANDRAS

DESPOIS DE LER "O CARBALLO CON BOTAS"  E "XAIME E AS LANDRAS" TOCA ESPERAR A QUE MEDREN OS NOSOS CARBALLOS.

15/11/17

6º DE INFANTIL PLANTA LANDRAS

ONTE, OS TIGRES PLANTAMOS LANDRAS NA CLASE. ENCANTOUNOS!!!! 

14/11/17

OBRADOIRO DE COCIÑA NA CLASE DOS GATIÑ@S

OS GATIÑ@S, UNHA VEZ MÁIS, PUXÉMONOS MANS A OBRA E COCIÑAMOS UNHA RICA TARTA DE QUEIXO COA NAI DE LOLY, ANA. 
MIRADE QUE BEN COCIÑAMOS!!!


11/11/17

O MAGOSTO

O MÉRCORES CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLEXIO, UNHA XORNADA DE FESTA PARA OS NENOS E NENAS NA QUE DISFRUTARON TODOS XUNTOS DUNHAS RICAS CASTAÑAS E APROVEITAMOS TAMÉN PARA XOGAR A DISTINTOS XOGOS POPULARES: A PITA CEGA, AS CADEIRAS SOLIDARIAS E O PANO. E COMO REMATE DA FESTA TOCOUNOS SESIÓN DE MAQUILLAXE!!!. MIRADE QUE BEN O PASAMOS. 

APROVEITAMOS TAMÉN PARA DARLLES AS GRAZAS AOS NENOS E NENAS DE 6º DE PRIMARIA POR ACOMPAÑARNOS E AXUDARNOS EN TODAS AS ACTIVIDADES. FIXÉSTELO MOI BEN!!!

08/11/17

TRABALLAMOS COAS CASTAÑAS

OS GATIÑOS E GATIÑAS APROVEITAMOS PARA FACER UNHAS FORMAS CHULÍSIMAS COAS CASTAÑAS DO MAGOSTO. PRIMEIRO FIXEMOS UNS CÍRCULOS, CADRADOS, CORAZÓNS...

 E DESPOIS DEIXAMOS VOAR A NOSA IMAXINACIÓN E MIRADE QUE FORMAS TAN GRACIOSAS NOS SAÍRON.

 

06/11/17

ANIVERSARIO RUBÉN


Feliz aniversario Rubén.
¡Outra tartaruga que xa ten 3 anos!

03/11/17

AS TARTARUGAS DISFRUTAN DO SAMAÍN

AS TARTARUGAS XA FIXERON A SÚA PRIMEIRA FESTA DE SAMAÍN ,E FOI TODO UN ÉXITO