Ao día seguinte, xa na clase, xuntámonos para pensar como poderíamos saber que equipo conseguira reunir todos os elementos. Chegamos a conclusión de que teríamos que xuntarnos por equipos outra vez, baleirar as bolsas e ver que tiñamos dentro.
Foi unha actividade moi interesante xa que, sen premisa ningunha pola miña parte, eles e elas puxéronse mans a obra:
E así foi como os Tiburóns non só traballaron en equipo, senón que o fixeron de xeito cooperativo, axudándose e aprendendo uns dos outros, sendo responsables do propio traballo e do traballo dos demais.
O traballo cooperativo favorece a integración de todos os en e nenas da clase na actividade, xa que cada un vai aportar as súas habilidades e coñecementos. Así:
- uns clasificaron os diferentes elementos (pedras, castañas, paus, follas de castiñeiro,...)
- outros ordenaron
- outros mediron os paus (tiñamos a premisa de que os paus non podían ser máis longos ca palma da man)
- outros contaron
- outros rexistraron os datos (ao observar que non ían lembrarse de cantas cousas tiñan, os dous equipos pediron un papel e lápis para apuntar)
- outros ían comprobando se o que apuntaban era correcto
- outros proclamáronse portavoces á hora de poñer os datos en común,....
E así, xurdiu unha actividade na que traballamos moitísimos conceptos lóxico-matemáticos e de lecto-escritura.
E para que vexades que en vivo é ainda máis interesante, deixámosvos un anaquiño da actividade en vídeo: