30/10/16

AOS TIBURÓNS O MEDO... NON NOS DA NADA DE MEDO


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO RESUMO DO QUE FOI O SAMAÍN DOS TIBURÓNS!


E, ADEMAIS, UNHA POESÍA TERRORÍÍÍÍÍÍFICA!



28/10/16

Poema "O Semáforo"

Os Tiburóns aprendemos un poema de Santiago Freire titulado "O Semáforo" que aproveitamos para recitarlle ás Tartarugas cando viñeron de visita á nosa aula.



27/10/16

AS TARTARUGAS IMOS DE EXCURSIÓN POLO COLE

ESTES DÍAS, ESTIVEMOS DE EXCURSIÓN POLO COLE, COÑECENDO OS DIFERENTES ESPACIOS E TAMÉN APROVEITAMOS PARA VISITAR A ALGÚNS IRMÁNS DAS TARTARUGAS.

VISITAMOS A CLASE DOS TIBURÓNS...


 A CLASE DE SEGUNDO DE PRIMARIA...


 E A CLASE DOS ELEFANTES...E MIRA QUE SORTE QUE NOS INVITARON A XOGAR UN RATIÑO NA SÚA CLASE. PASÁMOLO XENIAL!!!






26/10/16

XA TEMOS MASCOTA!

COMO SOMOS A CLASE DOS ELEFANTES, DECIDIMOS FACER UN ELEFANTE GRANDE PARA COLGAR DO TEITO... E ASÍ QUEDOU:







E, COMO HABÍA QUE POÑERLLE NOME,VOTAMOS:






CHÁMASE  FER  E AGORA ESTÁ NO MÁIS ALTO DA CLASE.






E O OUTRO DÍA IVÁN TRÓUXONOS UN REGALO  SORPRESA:





OUTRO ELEFANTE!!!


CHAMÁMOSLLE  PEPE E ,COMO NON ESTÁ NO TEITO, PODEMOS XOGAR CON EL...E DARLLE QUERERES.


MOITAS GRAZAS, IVÁN!

24/10/16

Aprende seguridade vial xogando coa DGT

Na páxina da DGT podedes descargar unha serie de xogos de seguridade vial para o ordenador.


Se pinchades na imaxe accederedes directamente ao sitio da descarga.

AUDICIÓN E LINGUAXE


ESTADE MOI ATENTOS!
PRONTO A PROFE ANDREA, A ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE, DEIXARANOS INFORMACIÓN MOI INTERESANTE NO BLOG!



NA DEREITA, DEIXÁMOSVOS ESTE ENLACE PERMANENTE A TODA A INFORMACIÓN RELATIVA A AUDICIÓN E LINGUAXE. SO TEDES QUE PINCHAR NA IMAXE DE PACO!

20/10/16

VISITA NA CLASE DAS TARTARUGAS

ONTE TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL NA CLASE DAS TARTARUGAS. LOLY TROUXO AS SÚAS TARTARUGAS, LECHUGA E CAPONATA, E ESTIVEMOS ENCANTADOS CON ELAS TODA A MAÑÁ. OBSERVÁMOLAS, DÉMOSLLE DE COMER, ...E EMPEZAMOS A NOSA INVESTIGACIÓN.










MERENDA DE ELEFANTES

ONTE , POR FIN, ESTREAMOS OS NOSOS MANTEIS DE ELEFANTES!!!!






















                 SON TAN CHULOS, QUE DÁ PENA MANCHALOS!






http://www.slideboom.com/presentations/1581261/Presentaci%C3%B3n1MANTEIS-PECHADO

16/10/16

ED. VIAL NA CLASE DOS TIBURÓNS


Dende que comezou o curso, os Tiburóns estivemos moi atarefados aprendendo e investigando sobre os sinais. Aquí vos deixamos un pequeno resumo de todo o que fixemos! 


15/10/16

OS TIBURÓNS EN PSICOMOTRICIDADE

OS TIBURÓNS PASÁMOLO XENIAL NO XIMNASIO FACENDO XOGOS DE COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL. HOXE TOCOU ENCESTAR ARGOLAS...


04/10/16

ELEFANTES MOTORIZADOS



   A SEMANA PASADA TIVEMOS AS XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL NO COLE :
ASISTIMOS A UNHAS CHARLAS MOI INTERESANTES NAS QUE NOS EXPLICARON COMO TEMOS QUE IR POLA RÚA ANDANDO, NA BICI, NO COCHE...
PERO O MELLOR VEU DESPOIS, CANDO FIXEMOS O CIRCUÍTO E CANDO NOS ENSINARON OS COCHES DE POLICÍA E DE PROTECCIÓN CIVIL.

                                      PASÁMOLO EN GRANDE!!!
 

AS TARTARUGAS NO XIMNASIO

ONTE, AS TARTARUGAS TIVERON A SÚA SEGUNDA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE. XA ESTÁN COMPLETAMENTE ADAPTADOS AO ESPAZO, AO MATERIAL E Á MESTRA.
PASÁRONNO XENIAL!