29/06/16

OS GATIÑOS PASAMOS A 6º DE INFANTIL!

ANTES DE QUE REMATARAN AS CLASES, OS GATIÑOS FOMOS VISITAR A QUE SERÁ A NOSA NOVA AULA NO CURSO QUE VEN.
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!



















XOGO DE AUGA

Por fin chegou o sol! A semana pasada pasámolo bomba en infantil xogando co xogo da auga!












21/06/16

AS FOTOS DA OLIMPÍADA ESCOLAR!!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS DAS MOITAS FOTOS QUE SE FIXERON O DÍA DA OLIMPÍADA A CATEGORÍA PREBENXAMÍN.


15/06/16

AS XIRAFAS MEDRAN SANS CON FROITA

NA AULA DAS XIRAFAS FIXEMOS REXISTRO DIARIO DAS FROITAS QUE MERENDAMOS DURANTE AS TRES SEMANAS NAS QUE A MERENDA FOI UNICAMENTE FROITA.
ESTE É O RESULTADO.



13/06/16

VISITA A 1º

HOXE, AS BOLBORETAS, FOMOS A CLASE DE 1º DE VISITA. COMO TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS DE CARA O CURSO QUE VEN, FOMOS A XUNTO DELES A VER SE NOS RESOLVÍAN ESAS INQUIETUDES QUE TIÑAMOS.  
TIÑAMOS MOITAS DÚBIDAS: QUE ANIMAL ERAN, SE TIÑAN QUE LEVAR UNHA MOCHILA GRANDE OU PEQUENA, SE TIÑAN ESTOXO, SE ESTUDIABAN E INVESTIGABAN, SE TIÑAN XOGOS E BIBLIOTECA DE AULA, SE TEÑEN LIBRETAS, ...
POUCO A POUCO OS NENOS E NENAS DE 1º FORON CONTESTANDO A TODAS AS PREGUNTAS ...E QUEDAMOS UN POUCO MÁIS TRANQUILOS.
OUTRO DÍA IREMOS OUTRO RATIÑO PARA XOGAR E INVESTIGAR MÁIS COUSAS.






08/06/16

XIRAFAS NA HORTA

MIRADE QUE LEITUGAS COLLEMOS HOXE NA HORTA!
A VER QUE RICAS ESTÁN EN ENSALADA!




VIDEOS FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

AQUÍ VOS DEIXAMOS OS VIDEOS DAS DISTINTAS ACTUACIÓNS QUE SE FIXERON NO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS. TEMOS QUE DAR GRAZAS A ROBERTO, O PAI DE AARÓN DE 6º DE INFANTIL, POR GRAVAR O EVENTO E FACELO TAN BEN! 











07/06/16

RICAS LEITUGAS

HOXE POR FIN RECOLLEMOS AS NOSAS RICAS LEITUGAS NA HORTA. 
MIRADE QUE BOA PINTA TEÑEN!!!





MANUALIDADES CON YOLI

QUE COUSAS MÁIS CHULAS FIXEMOS HOXE CON YOLI, A NAI DE JULEN!:
UNS OURIZOS DE PASTA DE SAL (QUE PRIMEIRO AMASAMOS) E UNS MUÍÑOS DE PAPEL.
AQUÍ TEDES AS FOTOS:








                                      MOITAS GRAZAS!!!
 

02/06/16

AS XIRAFAS XOGAN ÓS MÉDICOS/AS CON NAYARA

NAYARA, A NAI DE KARLA, TRABALLA NUN CENTRO MÉDICO E HOXE VEU Á NOSA CLASE :
TROUXO UN FONENDO PARA ESCOITAR OS CORAZÓNS, FÍXONOS UNS SUPERHEROES CON GUANTES, XOGAMOS A SER MÉDICAS E MÉDICOS,...


 PASÁMOLO DE MARABILLA!

                                                MOITAS GRAZAS!!!

OS XOVES CONTAMOS NÓS: HUGO A.

HOXE REMATAMOS A NOSA ACTIVIDADE DE "OS XOVES CONTAMOS NÓS". ESTA VEZ TOCOULLE O TURNO A HUGO, QUE NOS RECITOU UN FERMOSO POEMA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ.
AQUÍ PODEDES VER QUE BEN O FIXO. FELICIDADES HUGO!!!
E NORABOA TAMÉN A TODAS AS BOLBORETAS POR FACELO TODOS TAN BEN!!







01/06/16

"AS FABAS MÁXICAS"

Hoxe, os nenos e nenas de Infantil, asistimos ao concerto da Escola Municipal de Música de Moaña. A representación estaba baseada no famoso conto de Kalandraka "As fabas máxicas".

Pasámolo xenial. Moitas grazas!!!