30/03/16

OS XOVES CONTAMOS NÓS: PABLO

ANTES DE MARCHAR DE VACACIÓNS, PABLO CONTOUNOS UN CONTO QUE XA COÑECIAMOS PERO QUE NOS ENCANTA: O COELLIÑO BRANCO.

NORABOA PABLO! FIXÉCHELO XENIAL!






18/03/16

AS BOLBORETAS EN PSICO

ONTE, KATHY DEIXOUNOS XOGO LIBRE EN PSICO. ISO SÍ, AO REMATAR TIVEMOS QUE RECOLLER TODO E CAMBIAR A CAMISETA E LAVAR AS MANS COMO CHICOS E CHICAS MAIORES, RAPIDIÑO!



15/03/16

AS BOLBORETAS APRENDEN XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

NESTA OCASIÓN DERRIBAMOS LATAS CON PELOTAS DE GOMA. ESTIVO MOI BEN!!





14/03/16

ACUARELEAMOS

ADEMÁIS DE COCIÑAR, PINTAMOS UNS BISCOITOS MOI APETITOSOS.MIRADE QUE BEN NOS QUEDARON!!!




10/03/16

OS XOVES CONTAMOS NÓS: ARIADNA P.

Esta semana leunos Ariadna un conto de Dora titulado "Dora escala la montaña secreta". Coma sempre foi un gustazo escoitar un conto da voz dos nenos e nenas. Noraboa Ari, fixéchelo xenial!







METEOQUINTELA

NO COLE SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE A METEOROLOXÍA. 
NA CLASE DAS BOLBORETAS ESTAMOS APUNTANDO TODOS OS DÍAS A TEMPERATURA ACTUAL E A APUNTAMOS NO DÍA CORRESPONDENTE CUN PUNTO, E O FINAL DA SEMANA UNIMOS ESE PUNTOS PARA FACER A NOSA GRÁFICA E OBSERVAR ASÍ CAL FOI A TEMPERATURA MÁXIMA E MÍNIMA DA SEMANA


APRENDEMOS A IMPORTANCIA, POLO TANTO, DA TEMPERATURA, ASÍ SABEMOS CANDO FAI FRÍO OU CALOR E APRENDEMOS A DIFERENCIALO DO ESTADO DO CEO. PARA ISO ENTRAMOS NA PÁXINA DE METEOGALICIA PARA VER QUE ADEMÁIS DE INDICARNOS SE VAI CHOVER OU FACER SOL, TAMÉN NOS INDICAN A TEMPERATURA. SEGUIREMOS INVESTIGANDO!!!





08/03/16

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE, POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, VIÑERON AO COLE ARACELI E BEA, DÚAS CONDUCTORAS DE AUTOBÚS DA COMPAÑÍA CERQUEIRO.
CONTÁRONNOS MOITÍSIMAS COUSAS INTERESANTES SOBRE O SEU TRABALLO E ATA NOS ENSINARON OS CARNÉS QUE PRECISAN PARA CONDUCIR OS AUTOBUSES.

MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR!





05/03/16

OS XOVES CONTAMOS NÓS: HUGO M.

ESTA SEMANA TOCOULLE O TURNO A HUGO E CONTOUNOS O CONTO DE "EL HADA LOLITA Y LA NARIZOTA DEL KOALA", DA ED. ALHAMBRA.  OS NENOS/AS ESTÁN ENCANTADOS/AS CON ESTA NOVA ACTIVIDADE. AGORA A ESPERAR A SEMANA QUE VÉN, A VER CON QUE NOS SORPRENDE ARI.

FELICIDADES HUGO!!!





04/03/16

OBRADOIRO DE COCIÑA: BISCOITO DE CACAO

ESTA SEMANA ESTIVEMOS MOI ATAREFADOS COCIÑANDO UN BISCOITO. QUEREDES VER QUE BEN O FIXEMOS?

4º DE INFANTIL



5º DE INFANTIL


6º DE INFANTIL


03/03/16

OS XOVES CONTAMOS NÓS: SAMUEL

NESTA OCASIÓN FOI SAMUEL QUEN NOS CONTOU UN CONTO TITULADO "GRANDES CONTRA PEQUENOS" DE A NOSA TERRA. GUSTOUNOS MOITO, ERA UN CONTO TOTALMENTE NOVO PARA NÓS, E COMO SEMPRE UN PRACER ESCOITAR OS CONTOS DE BOCA DOS NENOS E NENAS. MOI BEN SAMU!!!




    

QUERERES DE GATOS



01/03/16

EXERCICIOS DE RESPIRACIÓN

A semana pasada, a profe de Audición e Linguaxe, Loly, fixo un exercicio de respiración coa clase das bolboretas. Cunha simple botella de auga baleira, un calcetín vello e un pouco de auga con xabón, mirade quen ben o pasaron e como traballaron a respiración cada un deles. Pasáronno xenial!