17/12/15

Levamos as postais a correos.

ONTE, AS XIRAFAS, OS GATIÑOS E AS BOLBORETAS LEVAMOS AS POSTAIS DE NADAL A OFICINA DE CORREOS.








11/12/15

AS BOLBORETAS SOMOS INVESTIGADORES

Os nenos e as nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota...este foi o noso proxecto durante este trimestre. O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes. Este é o resultado da súa investigación!! Fixeron onte unha exposición oral do seu traballo na biblioteca para os máis pequenos do cole, xirafas e gatiños, e para os nenos e nas de 1º e 2º, para explicar aos demais o seu traballo e todo o aprendido. Felicidades bolboretas polo voso traballo!!!
 



07/12/15

XOGANDO COAS LANTERNAS NA CLASE DAS XIRAFAS

O PASADO VENRES  ESTIVEMOS XOGANDO COAS LANTERNAS E PASÁMOLO MOI BEN (ÁS ESCURAS E SEN NADIÑA , NADIÑA DE MEDO): ALUMEAMOS O TEITO  E DIFERENTES OBXECTOS DA CLASE E, PARA REMATAR, FIXEMOS UN XOGO NO QUE NOS AGACHAMOS TODOS E TODAS, EXCEPTO DANIELLA (QUE ESTABA DE ANIVERSARIO), QUE NOS TIVO QUE BUSCAR  COA SÚA LANTERNA...E ATOPOUNOS A TODOS/AS!!!




03/12/15

Premio ao proxecto "Construímos"

Estamos moi contentos/as! 
O noso centro acada, unha vez máis, un premio ao seu traballo
Acaba de publicarse a resolución do II Concurso de traballos por proxectos impulsados dende a biblioteca escolar. O noso cole vén de ser premiado polo proxecto "Construímos", desenvolvido o curso pasado, e no que participou toda a comunidade educativa.

Esta é a publicación na páxina da xunta:

Resolución concurso proxectos 

Para ver parte do noso proxecto: