26/02/15

Vaia castelos

Temos a clase cheas de castelos, todos sensacionais. Unha vez máis temos que agradecer ás familias esta magnífica colaboración que tanto ben nos fai.Esta semana estarán na exposición de maquetas do proxecto Construímos, na planta baixa do edeificio principal.

25/02/15

Os castelos

As familias seguen aportando interesantes materiais para o proxecto dos castelos. Hoxe Andrés touxo unha torre coas persoas que vivían nos castelos, os soldados gardando a entrada, os artesáns , campesiños bufóns ....

24/02/15

RELAXACIÓN NO ENTROIDO

DURANTE AS ACTIVIDADES DO ENTROIDO, OS DINOSAUROS SACAMOS UN RATIÑO PARA RELAXARNOS MENTRAS PINTABAMOS COAS CERAS.
 MIRADE QUE TRANQUILIDADE!



12/02/15

Proxecto os castelos

Empezan a chegar información sobre os castelos. Pedro informounos de que no tempo dos castelos non había nin coches senon ían en cabalo, tampouco auga, que se sacaba do pozo e tampouco luz, xa que acendían candeas e lume para poder ver.
Andrés ensinounos un libro con moita información sobre os castelos, imos ir vendo ós poucos:

09/02/15

COMEZA O ENTROIDO

COMEZA O ENTROIDO EN QUINTELA E HOXE OS MÁIS PEQUES DO COLE FOMOS DISFRAZADOS DE PALLASOS. MIRADE QUE SIMPÁTICOS ...



O CASTELO DE QUINTELA

OS PEQUES DE QUINTELA XA ESTÁN PREPARANDO O COLE PARA ESTE ENTROIDO MEDIEVAL. ESTAMOS PINTANDO UN CASTELO  MOI CHULO...


 



04/02/15

OS DINOS RECITAN NO DÍA DA PAZ

A clase dos dinos recitou un poema no Día da Paz para os compañeiros e compañeiras de 2º de Primaria.
Qué ben o fixeron!