22/12/14

Festa de Nadal

A VISITA A CORREOS DOS GOLFIÑOS

Os golfiños fomos a Correos coa nosa postal.Esperamos que chegara ben a todos os fogares e que vos gustara!!. Bo Nadal!
!!

20/12/14

BAILAMOS E CANTAMOS NA CLASE DE INGLÉS

OS GOLFIÑOS BAILARON A CANCIÓN "HEAD,SHOULDERS,KNEES AND TOES" NA CLASE DE INGLÉS.

AQUÍ TEDES A CANCIÓN:

O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESÉXAVOS BO NADAL!!!




18/12/14

Os golfiños visitan a aula de 4º curso

Os golfiños foron ver as maquetas sobre os animais vertebrados e invertebrados que fixeron os nenos e nenas de 4º curso, e estiveron moi atentos á explicación de como as fixeron.

11/12/14

VISITA DOS DINOSAUROS AO MUSEO DO MAR


MOITÍSIMAS GRAZAS A DANI (PAI DE LOREA) POLAS FOTOS E POLA SÚA AXUDA!

video

10/12/14

VISITA DOS BOMBEIROS

O venres visitaronnos no colexio os bombeiros, ensinaronnos os camións, a enorme escaleira que teñen, as mangueiras e o seu uniforme. Foi unha experiencia estupenda para os peques. O sábado 13 e o sábado 20 de decembro, de 11:00 a 13:30, os bombeiros do Morrazo organizan unhas xornadas de portas abertas para todas aquelas familias que queiran visitar as súas instalacións, no Polígono Castiñeiras, en Bueu.

CHEGA O NADAL

Chega o Nadal e con el os seus preparativos. Así que no cole estamos preparando todo para a chegada dos Reis Magos. Aquí tedes algunhas fotos montando a árbore e colocando os seus adornos.







04/12/14

Proxecto as tartarugas

Estamos moi contentos coa  información que estamos recibindo das familias .
Yoel tróuxonos información sobre o caparazón das tartarugas. Contounos que o utilizaban para protexerse dos perigos e tamén para descansar.

André trouxonos un xoguete cunha lebre e unha tartaruga e aproveitamos para contar o conto no que a tartaruga gaña a carreira á lebre