25/06/2014

O xigante atrapado

Os unicornios déixannos este agasallo de fin de curso: Un conto que eles mesmos crearon a partir do cadro de Antón Patiño, Home-Casa.

18/06/2014

EXCURSIÓN A MEIRA

Aquí tedes algunhas fotos do día de hoxe. Pasamos un día moi divertido cos amigos e amigas, un pouco xa de despedida xa que dentro de pouco chegan as vacacións. Xogamos un ratiño na praia da Xunqueira aproveitando o bo tempo e despois fomos ata o parque de Meira. Alí merendamos e xogamos no parque, e tamén fixemos uns xogos moi divertidos: o xogo do paracaídas, o pano e os crocodilos e peixes. Pasámolo xenial!!!











16/06/2014

A colleita da horta

XA RECOLLEMOS A NOSA COLLEITA DA HORTA. AS CABACIÑAS AÍNDA ESTÁN MEDRANDO , PERO AS LEITUGAS  ESTABAN ASÍ DE BOAS:




13/06/2014

O XOGO DA AUGA!!

Por fin chegou a calor, e aproveitando o bo tempo, xogamos un pouquiño co noso xogo preferido, O XOGO DA AUGA!!!. Pasámolo xenial!






10/06/2014

Visita á aula de 6º de Infantil


    Hoxe foi un día especial para os Pingüíns (e tamén para a profe, para que negalo)! Xa somos maiores, o tempo pasa e para o curso que vén xa estaremos no cole grande!! Así que hoxe, aproveitando unha sesión na que os Unicornios non estaban... alá  fomos  inspeccionar!

Vimos onde imos ter que facer a fila ...




 Onde está o carteliño que marca a nosa aula...


Observamos moi ben todos os recunchos...






 E xogamos un pouquiño. Que difíciles son os puzzles de maiores!

Quedamos moi tranquilos ao ver que tamén teñen construcións!



E encantounos o recanto do hospital!










En moi pouquiño tempo... esta será a nosa nova aula!

Os primeiros días de escola

Estas son algunhas das cousiñas que fixemos as tartarugas os primeiros días.

05/06/2014

SEMANA DA FROITA

A semana pasada tivemos no cole a semana da froita. Cada día unha froita diferente: cereixas, plátanos, peladillos, amorodos e melocotóns. Estaba toda riquísima!!!




Abril, mes do libro na aula dos Pingüíns.


No mes de abril os Pingüíns presentamos aos compañeiros os nosos contos favoritos. Mirade que ben o fixemos: 



Ademais, tivemos moitas visitas de familias que nos viñeron ler á aula: