25/04/14

AS FAMILIAS CONTAN

Esta semana tivemos a visita de dúas mamás que se animaron a lernos un conto. Marta ,a nai de Antía, contounos os contos de "Cocodrilo", "Pingu, el pingüíno juguetón", e "¿Puedo mirar tu pañal?".  E Loli, a nai de Ariadna, leunos "Víctor na granxa". Grazas mamis, por ser contacontos por un día.





24/04/14

CONTACONTOS NA CLASE DOS UNICORNIOS

COMO ESTAMOS NO MES DO LIBRO , TEMOS VISITAS DE FAMILIARES QUE QUEREN COMPARTIR UN CONTO CON NÓS.
HOXE  VEU BEA, A NAI DE ALDARA, E CONTOUNOS A HISTORIA DO ELEFANTE COMELLÓN, UN DIVERTIDO CONTO DE ANIMAIS, ESCRITO POR RAFAEL ORDÓÑEZ E ILUSTRADO POR MARC TAEGER ( KALANDRAKA ), QUE NOS ENCANTOU.
...E Ó FINAL HABÍA UNHAS DELICIOSAS SORPRESAS!!!
























MOITAS GRAZAS, BEA,...POR TODO!





07/04/14

LECTURAS FAVORITAS DE MARZO

OUTRO MES XA VAI FÓRA E NA CLASE DOS UNICORNIOS ESCOLLEMOS OS NOSOS CONTOS E POESÍAS FAVORITOS:

O                     O MELLOR CONTO DO MES









A MELLOR POESÍA DO MES






02/04/14

VISITAS POÉTICAS NA CLASE DOS UNICORNIOS

ONTE, CANDO ESTABAMOS NA CLASE DE INFORMÁTICA RECIBIMOS UNHA AGRADABLE VISITA: OS NENOS E NENAS DE 2º VIÑERON RECITARNOS UNHA  POESÍA DE ANA MARÍA FERNÁNDEZ.












 E HOXE, NA NOSA HORA DE LER, VIÑERON OS NENOS E NENAS DE 5º E RECITÁRONNOS UNHA DE HELENA VILLAR JANEIRO. 









           FIXÉRONO  DE MARABILLA!!!

    ENCÁNTANNOS AS VISITAS E AS POESÍAS!!!