25/03/2014
OBRADOIRO DE COCIÑA DAS TARTARUGAS
Nós, as tartarugas, tamén somos uns grandes cociñeiros. Pasámolo xenial e gustounos moitísimo cociñar todos xuntos...e como non, comelo todo!!!
Etiquetas:
A froita en Quintela,
Curso 2013-2014
23/03/2014
OBRADOIRO DE COCIÑA EN 6º DE INFANTIL
A SEMANA PASADA TIVEMOS OBRADOIRO DE COCIÑA E PREPARAMOS UNHA DELICIOSA MERENDA : BOCADILLO DE NOCILLA (PORQUE ÓS UNICORNIOS NOS ENCANTA O CHOCOLATE...) E BATIDO DE AMORODO.
PASÁMOLO MOI BEN PREPARANDO A MERENDA E, SOBRE TODO... COMÉNDOA!
AQUÍ TEDES O VÍDEO :
PASÁMOLO MOI BEN PREPARANDO A MERENDA E, SOBRE TODO... COMÉNDOA!
AQUÍ TEDES O VÍDEO :
Etiquetas:
6º infantil,
A froita en Quintela,
Curso 2013-2014,
Obradoiros de cociña
OS PINGÜÍNS TAMÉN COCIÑAMOS
Esta semana os Pingüíns fixemos un delicioso batido de amorodo e un bocadillo de peituga de pavo e queixo para merendar. Estaba todo boísimo! Mirade que ben o fixemos:
Etiquetas:
5º infantil,
A froita en Quintela,
Curso 2013-2014,
Obradoiros de cociña
21/03/2014
DÍA DA POESÍA
Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía. Aprendemos un poema de Antonio García Teijeiro, levámolo colgado nun colar, e como é tradición, levamos un caravel para casa. Aquí vos deixamos algunhas fotos e o recitado do poema polas tartarugas .
Etiquetas:
Celebracións: Día da Poesía,
Curso 2013-2014
13/03/2014
12/03/2014
07/03/2014
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
O mes de marzo chéganos cheo de novidades! Ademais de ser o mes da poesía, o mes no que comeza a primavera, do 10 ao 14 a semana da prensa... o 8 é o día da muller. Por iso, hoxe, na clase dos Pingüíns estivemos falando do tema e fixemos este mural tan chulo con debuxos de diferentes mulleres desenvolvendo diferentes tarefas: dende policías a condutoras de autobús, pasando por repartidora de bombonas, mariñeiras, mestras...
Etiquetas:
5º infantil,
Celebracións: Día da Muller,
Curso 2013-2014
LECTURAS FAVORITAS
XA MARCHOU FEBREIRO COS SEUS VINTEOITO...E XA TEMOS AQUÍ O CONTO E A POESÍA QUE MÁIS GUSTARON ÓS UNICORNIOS:
Etiquetas:
6º infantil,
Curso 2013-2014,
Fomento da lectura
06/03/2014
01/03/2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)