17/05/13

Limoada coa avoa de Adrián

Que sorte teñen estas Tartarugas! Este luns foi un día cargado de emocións: as Chicharras léronnos o seu conto Cabeza de Cabaza, foi o cumple de Luca e viu a avoa de Adrián a facer con nós limoada! Pero non so iso, ademais contóunos moitas cousas interesantes sobre os limóns e toooodas as cousas que se poden facer con eles!


15/05/13

AS CHICHARRAS TAMÉN CONTAN

AS CHICHARRAS ESTIVEMOS MOITO TEMPO ENSAIANDO O NOSO CONTO "CABEZA DE CABAZA" E NESTES DÍAS FÓMOSLLO CONTAR ÓS NENOS E NENAS DOUTRAS CLASES.
        ONTE CONTÁMOSLLO @S DE 2º...E SAÍUNOS  MOOOOI BEN!










E DESPOIS OS NENOS E NENAS DE 2º CONTÁRONNOS O CONTO 
DO OSO ATRAPABOLBORETAS...QUE NOS ENCANTOU!







AS FAMILIAS CONTAN

HOXE  AS CHICHARRAS TIVEMOS UN CONTACONTOS ESPECIAL NA BIBLIOTECA DO COLE: FRAN, O PAPÁ DE AICHA, CONTOUNOS   "A VACA QUE PUXO UN OVO"...E ENCANTOUNOS!







MOITAS GRAZAS, FRAN!

13/05/13

LETRAS GALEGAS 2013

DESDE O CEIP DE MALLÓN, EN NIGRÁN, CHÉGANOS ESTE XOGO SOBRE AS LETRAS GALEGAS. ATOPÁMOLO EN CGENDL.

12/05/13

CORRELINGUA EN BUEU

O VENRES FOMOS A BUEU Á FESTA DO CORRELINGUA.
PRIMEIRO XOGAMOS, LOGO MERENDAMOS E DESPOIS...BAILAMOS!!
HABÍA MOITOS XOGOS E TAMÉN HOUBO MOITO BAILE, FOI MOI DIVERTIDO.

06/05/13

ABRIL, MES DO LIBRO

Estas son algunhas das  actividades que fixeron os hamsters no mes de abril, polo Día do Libro. Estiveron moi ocupados!

AS FAMILIAS CONTAN

A semana pasada, os hamsters tivemos outra vez a visita de dúas nais que nos viñeron a contar dous contos chulísimos: "El monstruo de Patrick" e "A formiga". Gustáronnos moitísimo e dende aquí dámoslle as grazas de novo a Sonia e a Susana por visitarnos. Un biquiño grande dos hamsters!


01/05/13

MERENDA ESPECIAL

NA CLASE DAS CHICHARRAS ESTAMOS REMATANDO XA O NOSO PROXECTO DOS BARCOS E, PARA CELEBRALO, O MARTES TIVEMOS UNHA MERENDA SORPRESA : BARCOS....E CHOCOLATE!
                 
                       


                          ESTABA DELICIOSA!!!!!!!!