20/11/12

Loboferoz

Neste audioconto de OQO podes escoitar o conto de Lobo Feroz na voz de Alberto Mancebo





E neste vídeo a película que fixo o EDLG do CPI Santa Lucía de Moraña:

14/11/12

Facemos series!

As TARTARUGAS comezamos estes días a facer pequenas series de elementos atendendo, polo momento, á cor. A seriación é unha noción matemática básica que nos vai axudar a que, pouquiño a pouquiño, vaiamos adquirindo outros aspectos lóxico-matemáticos máis complicados. Ademais, facendo series traballamos tamén a atención, a observación, as cualidades dos obxectos,... Antes de ir ás mesas a practicar de xeito individual, fixemos entre todos unha serie na alfombra empregando rodas de cor azul e amarelo. Logo, nas mesas, empregamos pinchiños e colares. Velaquí vos deixamos algunhas fotos nas que poderedes ver a algunhas tartarugas facendo series.

 


12/11/12

O XORNAL

Os nenos e nenas de 6º de Infantil empezamos a traballar co xornal. Decubrimos que hai diferentes xornais, que teñen o mesmo tamaño, o mesmo papel,..., pero con distintos nomes. Descubrimos tamén que hai unhas letras mais grandes que outras, que hai fotos con letras por debaixo, anuncios, que non está grapado e se nos moven as follas se non temos coidado,... Cada parella escolleu unha noticia que lles chamou atención: uns de política, outros de deportes,..., e o final escolleron entre todos a noticia do tempo, que estaba na última páxina, e a lemos. Todos os martes investigaremos mais cousas, a ver que mais aprendemos. Xa vos contaremos!

10/11/12

Celebramos o Magosto!

O pasado xoves as TARTARUGAS, as CHICHARRAS e os HAMSTERS celebramos, xunto co resto do cole, o Magosto. Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos!
Click to play this Smilebox slideshow

04/11/12

Ola hamsters!



OLA HÁMSTERS!:


GUSTOUVOS A EXPOSICIÓN?
QUEREDES SER XORNALISTAS PARA MÍN?

GUSTARIAME QUE ME AXUDÁRADES A ORDENAR ESTAS FOTOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE.

PODEDES POÑERLLE TÍTULO Á NOTICIA DO AFUNDIMENTO?
ESCRIBÍDEA NUNHA CARTOLINA NA QUE PEGAREDES AS FOTOS.



Moitos bicos





Ola chicharras



OLA CHICHARRAS!:


GUSTOUVOS A EXPOSICIÓN?

GUSTARIAME QUE ME AXUDÁRADES A ORDENAR ESTAS FOTOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE.

PODEDES POÑERLLE TÍTULO Á NOTICIA DO AFUNDIMENTO?
ESCRIBÍDEA NUNHA CARTOLINA NA QUE PEGAREDES AS FOTOS.



Moitos bicos





Ola tartarugas



OLA TARTARUGAS!:


GUSTOUVOS A EXPOSICIÓN?

GUSTARIAME QUE ME AXUDÁRADES A ORDENAR ESTAS FOTOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE.

PODEDES PEGALAS NUNHA CARTOLINA E POÑERLLE O NOME DO BARCO?



Moitos bicos





OS BOLECHAS NA TVG

O programa cos monicreques  dos bolechas fixo un mes na programación da TVG. No enlace pódese acceder aos vídeos dos programas pasados, esperando a que pase o anuncio inicial ( inexplicablemente as máis das veces en castelán).Este é o horario no que se poden ver:
e este é o vídeo promocional:

02/11/12

CANCIÓN DA FORMIGUIÑA

COMO ESTAMOS APRENDENDO COUSAS DO CORPO, AQUÍ DEIXAMOS ESTE VÍDEO DA CANCIÓN DA FORMIGUIÑA, DO LIBRO -DISCO MARÍA FUMAÇA. UN VÍDEO ATOPADO NO CEIP DE RANDUFE :

01/11/12

MIRADE AS FOTOS....

No cole temos unha exposición de fotografías. Que será ? Hai que mirar e ler:

O Samaín na clase das Tartarugas

As Tartarugas pasámolo pipa celebrando o Samaín! Fixemos uns morcegos terroríficos para decorar a exposición e trouxemos unhas cabazas que daban moitísimo medo!!


video