12/11/11

CALCULANDO, COMPARANDO

O DÍA DO MAGOSTO TROUXEMOS MOITAS CASTAÑAS AO COLE.
CADA UN TIÑA A SÚA BOLSA E TODOS ESTABAMOS DE ACORDO EN  DÚAS COUSAS:
-TODOS E TODAS TIÑAMOS MOITAS CASTAÑAS
- UN MESMO ERA O QUE TROUXERA MÁIS QUE TODOS.

EN REALIDADE O QUE A PROFE QUERÍA ERA QUE LLE PUXERAMOS UNHA CANTIDADE A AQUELAS CASTAÑAS, OU QUE DE ALGÚN XEITO DIFERENCIARAMOS E ORDENÁRAMOS AS CANTIDADES.
PRIMEIRO ORDENÁMOLAS FACENDO UNHA FILA ....E TODAS AS FILAS ERAN MOI GRANDES!

ASÍ QUE FIXEMOS RODAS CON ELAS....AGORA SÍ QUE ERA FÁCIL VER CALES ERAN MÁIS GRANDES!!
AÍNDA ASÍ ACORDAMOS TRES CATEGORÍAS: SUPERGRANDES, MOI GRANDES E GRANDES!!!
SEN DIFICULTADE FOMOS QUEN DE POÑER O NOSO CÍRCULO NUN DESTES TRES GRUPOS.
e ASÍ IMOS APRENDENDO QUE NON TODAS AS CANTIDADES SON IGUAIS, E QUE UNHAS SON MÁIS GRANDES QUE OUTRAS .

MAGOSTO!!!

CHEGOU O S. MARTIÑO E CON EL A FESTA DO MAGOSTO, COS SEUS XOGOS E AS SÚAS CASTAÑAS:

CHEGOU O SAMAÍN!!

COMA TODOS OS ANOS O OUTONO TROUXO O TEMPO DAS SAMAÍN E O DÍA NO QUE AS CABAZAS FORON AS PROTAGONISTAS. AS FAMILIAS TALLARON AS SÚAS CABAZAS E ENCHERON O COLE DE ORIXINAIS OBRAS DE ARTE, PARA MARABILLAS A TODOS OS NENOS E NENAS.

03/11/11

Conto do mes, poema do mes

Os nenos e nenas da clase dos peixes (6º de Infantil) escolleron o conto do mes, e o poema do mes: