29/03/10

A HISTORIA DUN GOLFIÑO

Os nenos e nenas de 6º de Infantil decidiron que querían inventar un conto no que o seu persnoaxe fora un golfiño, así que nos puxemos mans á obra. Primeiro tivemos que inventar a historia entre todos e decidir o título. Non foi doado, porque cada un tiña unha idea, pero ao final puxéronse de acordo. Logo, decidiron que texto e debuxos ían en cada páxina, e despois, por parellas: a escribir e a debuxar!. Quedamos moi contentos de como quedou. Esperamos que vos guste.
video

24/03/10

VISITA AO SUPER 4º INFANTIL

En 4º de Infantil estivemos aprendendo cousas sobre os alimentos, e de remate fomos visitar un súper. Tivemos que preparar unha lista da compra e pensar entre todos onde tiñamos que pedir cada produto.
Encantounos iso de comprar, tanto que queríamos mercar toda o froitería.
Desde esta páxina queremos agradecer á dirección e persoal do Eroski de Moaña a súa desinteresada e paciente colaboración.

16/03/10

CANTOS SON 6 METROS?

O outro día limos nun libro que os golfiños podían saltar ata 6 metros.
Os nenos falaron de canto podía ser iso (un abría os brazos dicindo que iso eran 6m., outro lle dicía que non, que iso eran 20m.,...). Non se poñían de acordo, así que decidiron coller o metro, pero o metro só tiña 1m, e nós queriamos 6, así que despois de moito falar, decidiron que había que marcar no chan ata 1, despois levantar a regla e marcar ata 2,... e así ata 6.








- E como facemos para poñer os 6 metros de pé?
-Pois cortamos tiras de papel e as pegamos.
E así nos quedou.
Por último, fomos o patio a poñer a nosa tira xigante de pé, e descubrimos que 6 metros é moitísimo.
Como os nenos de 3º están investigando tamén sobre os golfiños, fomos a súa clase a contarlles o noso descubrimento, e así eles tamén nos contaron cousas sobre este animal.







14/03/10

PLANTAMOS CHÍCHAROS

No cole plantamos chícharos.Primeiro puxemos a terra no testo, dúas sementes e por último un pouquiño de terra.











Botámoslle auga e unha semana despois xa medraran un montón.




11/03/10

8 de marzo, día da muller traballadora

Queremos unha escola do século XXI que forme nenos e nenas en igoaldade, para que cando lles toque ser adultos gocen dos mesmos dereitos e oportunidades.
Para que isto ocorra, todos temos que poñer o noso gran de area:

Traballando co Paint

Agora que xa estamos aprendendo a acender e apagar os ordenadores soíños, xa sabemos mover o rato tanto como para escribir o noso nome. Isto é o que fixemos:


02/03/10

Os golfiños

Na aula de 6º de Infantil estamos aprendendo cousas dos golfiños.
Pero seguro que nunca viron nacer un. A que non?
Pois mirade, mirade que bonito:

01/03/10

Coplas de Entroido

Xa podedes escoitar as coplas deste ano. Aquí tedes as de Infantil e 1º de Primaria: