22/09/2009

Había unha vez


Cando un día ,a toupiña asomou a cabeza por entre un montón de terra,para ver se saíra o Sol....
PASOU AQUILO:
era redondo e marrón,parecíase un chisco a un chourizo,
e o peor de todo:caéralle xusto na cabeza.....

O exitoso conto de Weener Holzwarth foi utilizado na versión de Kalandraka para este xogo que vos presentamos.Atopámolo en ACTIVIDADES LIM da man de Naiara Castillo do CEIP de Viñas,en Poio, e chegamos a él vía CEIP Frián -Teis
Preme no debuxo para xogar.

21/09/2009

SOBRE A GRIPE A

Este outono temos que coidarnos moito.Hai unha gripe que nos pode contaxiar.Observa estes divertidos vídeo que conta como coidarnos:

18/09/2009

Encontros de Educación Infantil

Os dias 25 e 26 de Setembro vanse celebrar os VII Encontros de Educación Infantil no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.
Serán dous días adicados a presentación de diferentes obradoiros e experiencias.
Entre as experiencias estará a da nosa compañeira Belén, co título "Medindo e comparando".