05/06/09

Imos madurando




Onde hai máis bolas?

Os nenos e nenas de 5 anos van superando etapas,e responde a esta experiencia proposta por Piaget hai tanto tempo.

As primeiras respostas foron:

-na fila de abaixo,que é máis grande

-arriba hai poucas porque a raia acaba antes

Pero deseguida houbo quen dixo:espera que vou contar.

Efectivamente,as bolas pequenas ocupan menos pero son 16,as bolas grandes ocupan moito pero só son 13.Que listos!

01/06/09

Alumnado novo de tres anos

O martes 2 de maio recibiremos aos pais e nais dos nenos e nenas de tres anos para o curso 2009-2010.Queremos coñecelos e falar con eles da chegada dos seus fillos e fillas ao noso colexio o vindeiro setembro.Invitarémolos a visitar o colexio a semana que ven no horario do recreo e intentaremos responder a todas as cuestións que lle preocupen.Dámoslle a benvida ao noso colexio e para que se vaian facendo unha idea de como imos traballar cos seus peques: video

Os números