28/11/07

27/11/07

OBSERVAMOS

DENTRO DO PROXECTO VOZ NATURA,TODOS OS ANOS GÚSTANOS VER COMO MEDRAN AS PLANTAS.
SEMENTAMOS UN BULBO E IMOS MIRANDO COMO MEDRA, REGÁMOLO, MEDÍMOLO, E POUCO A POUCO VAI CAMBIANDO.AXÚDANOS A APRENDER A CONTAR,A MEDIR,O PASO DO TEMPO,A VALORAR AS COUSAS QUE NOS RODEAN ETC..ADEMÁIS GÚSTANOS XOGAR A SER XARDIÑEIROS E XARDIÑEIRAS.

RIMAS DE OUTONO DOS NENOS/AS DE 3 ANOS

TALLERES DE OUTONO

EStos días fixemos o obradoiro de outono.
Aprendemos nomes de froitas do outono, probámolas, fixemos zume de laranxa e elaboramos unha coroa. ¡QUE BEN O PASAMOS!

23/11/07

XOGAR A PENSAR

POUCO A POUCO IMOS APRENDENDO A SER AUTÓNOMOS, NON SÓ NAS COUSAS QUE FACEMOS SENON TAMÉN CO PENSAMENTO.A ENFRENTARNOS Á PREGUNTAS, FEITOS QUE CHAMAN A NOSA ATENCIÓNE A FORMULAR PEQUENAS HIPÓTESIS......
-É UN RATO
-É UNHA TOUPA
PODE SER, PERO.... ¿ NON SERÁ UN CAN?
TODOS E TODAS REBATIRON A PROPOSTA:

-OS CANS SON MAIS GRANDES(NICOLE)
-EU VIN UNS CANS QUE ACABABAN DE NACER E ERAN MAIS GRANDES (ALBA S.)
-NON TEÑEN ESAS PATAS (ÁLVARO)
-NON TEÑEN O NARIZ ASÍ
-OS CANS TEÑEN UNLLAS PERO NON SON ASÍ(ISMAEL)